A blues soaba este mediodía na terraza do Café Teatro Bajo 5, no Barco. Nela desenvolvíase unha sesión vermú a cargo do grupo The Bluesfellas, a partir das 13h. A banda, cun potente directo e un blues eléctrico e clásico, conta con dous músicos valdeorreses, o barquense Pedro Murciego (baixo e voz) e o vilamartinés Manu Ares (batería).
Fotos e vídeos: O SIL.