ConcellosVídeos

Sete persoas feridas nunha colisión entre dous turismos na N-120, na Pobra do Brollón

 

Na mañá deste luns 31 de agosto producíase un accidente na N-120, na Probra do Bollón no que resultaban feridas sete persoas que tiveron que ser atendidas por Urxencias Sanitarias de Galicia-061, tal como indican dende o 112 Galicia que tivo constancia deste accidente ao fío das 8 horas, a través dun particular que se atopaba no punto.

A colisión entre dous turismos produciase no quilómetro 507 da N-120, en Barxa de Lor, provocando grandes retencións.

No operativo participaron, ademais dos servizos sanitarios, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Monforte, o GES de Quiroga e os servizos de mantemento da estrada.

 

Back to top button