OurenseÚltima hora

Sete persoas resultan feridas nunha colisión múltiple na cidade de Ourense

 

Rozando as tres e media desta tarde producíase un accidente de tráfico na céntrica rúa Marcelo Macías da cidade de Ourense. Un particular contactou co 112 Galicia e explicou que acababa de presenciar unha colisión múltiple na cidade rúa.

De contado, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos axentes da Policía Local de Ourense. “Á súa chegada, os servizos de emerxencias confirmaron que eran catro os vehículos implicados e que sete persoas resultaron feridas, aínda que ningunha foi evacuada polo persoal sanitario. Todas elas acudiron polos seus propios medios ao hospital”, segundo informa o 112 Galicia.

Back to top button