ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

Simbólico canto contra os lumes de Valdeorras no inicio da 19ª Andaina de Outono do Barco

 

Cunha lembranza moi especial á grave vaga de incendios que asolaba Valdeorras a mediados de agosto arrancaba a XIX Andaina de Outono do Barco, na mañá deste domingo 9 de novembro. O presidente do Club Peña Trevinca Barco (organizador da proba co Concello), Miguel de la Cal, anunciaba, rodeado de boa parte da súa directiva, unha sorpresa: un agasallo, unha foto e unha canción.

 

 

 

Comezaban a abrirse unha serie de caixas e entre os participantes repartíanse toallas cunha impactante imaxe de lume do pasado verán na zona e cun lema “Non máis lumes”. Despois, o presidente do club pedía que todos as levantasen mentres soaba a voz de Amancio Prada interpretando o poema “Adiós ríos, adiós fontes” de Rosalía de Castro, que remataba entre aplausos.

 

 

Despois dese xesto simbólico, Miguel de la Cal daba daba a saída desta nova edición da andaina.

Fotos: A.R.

Vídeos: O SIL.

 

 

 

Back to top button