ConcellosEntroido 2026Última horaVídeosVilamartín

Simbolismo, sátira e reivindicación no Entroido de San Vicente, que recrea a morte dos Chelos e Aldea, tras o incendio

 

A veciñanza de San Vicente de Leira (Vilamartín de Valdeorras) regresaba neste Domingo de Entroido á súa localidade para celebrar un Entroido moi especial e cargado de simbolismo. Desenvolvíase entre as ruínas deixadas polo incendio forestal de agosto e nel recreábase, en clave satírica, pero tamén reivindicativa, o funeral por dous barrios deste pobo, Os Chelos e A Aldea: cun enterro con cadaleito, coroa, esquela e oficiantes, entre eles o personaxe do cura e o do enterrador.

 

 

Os Zamarreiros de San Vicente vestíanse completamente de negro nun funeral pola localidade no que non faltaban os cánticos. Usando o humor e o espírito carnavalesco a veciñanza sacaba “fóra o que temos dentro, a modo tamén de reivindicación”. A iniciativa estaba promovida pola Asociación Cultural de Veciños de San Vicente.

 

 

Ademais neste domingo facíase un xantar para a veciñanza na Casa do Pobo, organizado tamén dende a citada asociación.

Fotos e vídeo cedidos.

 

 

Back to top button