En portadaOurenseÚltima hora

Simulacro de accidente na OU-536 e presentación da campaña da Xefatura de Tráfico “No Nadal Sentidiño”

Pide non sumar “nin unha vítima máis” aos 13 falecidos deste ano nas vías da provincia

 

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, pedía esta mañá á cidadanía de Ourense “sentido común” á hora de desprazarse por estrada durante as festas de Nadal e alertou sobre o consumo de alcol e drogas vinculado ás celebracións e o seu impacto na condución. Emilio González pronunciouse así na presentación da campaña impulsada pola Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense para as festas e que leva por lema “No Nadal Sentidiño//En Navidad, sentido común”.

A presentación contou coa participación do xefe provincial de Tráfico de Ourense, David Llorente e o tenente responsable da Garda Civil de Tráfico en Ourense, Javier Barja. Xunto a eles, o subdelegado asistiu a un simulacro de accidente de tráfico con vítimas no punto quilométrico 2 da estrada OU-536. “Escollemos esta zona porque é un punto delicado e límite da vixilancia entre Policía Local de Ourense e Garda Civil, os cales están a realizar numerosos controis conxuntos nestas datas nas entradas e saídas da cidade”, explicou.

No simulacro participaron persoas voluntarias, e membros da Garda Civil, Protección Civil, Bombeiros, servizos sanitarios e de asistencia na estrada.

Unha petición: non sumar vítimas

O subdelegado do Goberno pediu que estas festas “non somen nin unha vítima máis nas estradas da provincia”. Advertiu que no que vai de ano, na provincia de Ourense producíronse 13 vítimas mortais este ano 2022 (12 na estrada e 1 en zona urbana). O ano pasado, nas mesmas datas, rexistráronse 8 persoas falecidas, o que supón un aumento superior ao 60% neste ano 2022.

Artigos relacionados

Back to top button