Nese mércores 22 de xullo realizábase un simulacro de incendio na Residencia do Maior do Castro Caldeas. A intervención consistía nunha evacuación total do persoal e residentes ante un incendio nas cociñas do centro.
Ante a alerta por incendio o persoal do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) do Castro de Caldelas foi alertado a través do 112 así como a alcaldesa, Sara Inés Vega.
Ambos acudía de inmediato para valorar a emerxencia, tomar o mando da situación, comprobar que persoal e residentes fóron evacuados a zona segura e garantir que todo quedaba en orde antes de entregar a dirección o control da emerxencia.
“A proba foi moi exitosa, segundo a valoración dos técnicos e observadores, quedando todo o persoal e internos evacuado a lugar seguro en apenas 4 minutos”, explica a rexedora do Castro Caldelas. Ao remate a alcaldesa, GES, técnicos e persoal mantiveron unha reunión de traballo para avaliar as actuacións e correxir os posibles fallos.
Este simulacro enmárcase dentro da prevención de lugares sensibles do Concello (CPI, Guardería Infantil, Centro de Saúde-PAC, Concello, Castelo) , sendo a Residencia do Maior polas súas características, o punto máis vulnerable de todos.
“Todas as accións de prevención ante calquera tipo de catástrofe son importantísimas, e a coordinación entre o persoal afectado, os medios do Concello (Protección Civil, GES) e as forzas de seguridade son vitais ante situacións de perigo e vulnerabilidade”, indica Sara Inés Vega.
Fotos e vídeo cedidos.
