CulturaCulturaEn portadaMúsicaÚltima horaVídeos

Smokey Blue pon o broche musical á VI Festa do Casco Vello do Barco

 

Con sons de soul, funky e blues despedíase nesta tardiña a VI Festa do Casco Vello do Barco, logo dunha intensa fin se semana marcada pola gastronomía e boa música na praza Maior da vila. O toque final da celebración poñíao sobre o escenario a banda ponferradina Smokey Blues a partir das oito e media desta tarde.

Ademais de desfrutar da música, o público percorría novamente as casetas dos 5 establecementos de hostalaría que promovían esta celebración (Excalibur, O Buraco, Tapería Agarimo, Veira Sil e 13/14), onde podían degustar diversos petistos e bebidas.

Fotos e vídeo: O SIL.

 

Back to top button