
Sober conta cunha nova centenaria. O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, achegouse hoxe felicitar a Plácida Pérez Pazos polo seu 100 aniversario e fíxolle entrega dun ramo de flores.
A centenaria naceu en Doade de Proendos, un pobo hoxe deshabitado, e pasou gran parte da súa vida na vila de Sober, onde vive co seu fillo eduardo e a súa nora Gloria. É viúva desde os 30 anos. Tivo un bar na localidade e viviu en Venezuela nos anos 50.
Como curiosidade cómpre destacar que Plácida cumpre 100 anos e o seu neto 50 anos, con tan só un día de diferencia. O seu neto Marcelino Álvarez é o propietario de Adega Marcelino I na Carqueixa e da Bodeguilla de Marce, en Sober.
O Concello de Sober conta a día de hoxe con nove centenarias, todas elas mulleres. Este ano 2026 faleceron 4 homes de máis de cen ano e incorporáronse a este selecto clube 6 mulleres.
Fotos cedidas.
