EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaVídeosViticultura

Sober desvela o cartel e actos da XLVI Feira do Viño do Amandi e do Mes do Amandi, antesala da mostra

 

No Miradoiro do Xabrega presentaba esta mañá de 28 de febreiro o Concello de Sober a proposta gañadora do concurso de carteis da XLVI Feira do Viño de Amandi, titulada ‘Amandi. Un viño de cine’ da autoría da deseñadora de Begonte Marta Luisa Silvarrey.

Ademais o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, acompañado doutras autoridades e dalgúns bodegueiros, desvelaba a programación do Mes de Amandi, que se abría con este acto, e  da XLVI Feira do viño de Amandi, prevista para os días 27, 28 e 29 de marzo e que nesta ocasión vai inaugurar a Adega Petrón en homenaxe a Epifanio Campo. O Concello convidado de honra será o Concello de Ribas de Sil. Na cita participarán unhas 22 adegas da D.O. Ribeira Sacra.

 

 

O Mes de Amandi incluirá diversas propostas como concertos, presentacións de libros, probas deportivas, catas, maridaxes e xornadas técnicas.

 

 

ACTIVIDADES DO MES DO AMANDI

Sábado 28 de marzo:

-Ás 12:00 horas no MIRADOIRO DE XABREGA: PRESENTACIÓN DO CARTEL DA XLVI FEIRA DO VIÑO DE AMANDI, xunto coa programación de actos do Mes do Amandi e da Feira do viño de Amandi.

Domingo 1 de marzo:

-Ás 12:00 horas Circuíto Comarcal de Cros escolar. Carreira de SOBER, no entorno do Santuario de Cadeiras. Programa Xogade da Xunta de Galicia.

Martes 3 de marzo:

-Ás 18:00 na Biblioteca Pública Municipal Presentación do libro “NIÑO DE BARRO Y SU METAMORFOSIS” de Esteban Jiménez. Organiza: Club de lectura Pintor de Castinandi.

Sábado 7 de marzo:

-As 19:00 horas na Igrexa de Santa María de Proendos CONCERTO do Grupo Vocal SOLO VOCES de Lugo.

Mércores 11 de marzo:

– Ás 12:00 horas Irmandamento coa FESTA DA FILLOA DE MUIMENTA na Escola de Hostalería de Rosende. Colaboran: Fundación Belarmino Fernández e Festa da Filloa de Muimenta.

Venres 13 de marzo:

-Ás 17:30 horas os participantes nas MERENDAS CON CONTOS visitaran viñedos de Viticultores do Amandi.

– Ás 19:00 horas no Centro Sociocultural PRESENTACIÓN DO LIBRO “ÁRBORES SENLLEIRAS DO ARCIPRESTAZGO DE AMANDI-CONCELLO DE SOBER” de Uxía Garcés Ojea, Antonio Rigueiro Rodríguez, Gaspar Bernárdez Villegas e Rosa Mosquera Losada. Edita: GDR Ribeira Sacra -Caurel

Domingo 15 de marzo:

-Ás 19:00 horas no Centro Sociocultural de Sober CINE-CONCERTO, O HEROE DO RÍO de Buster Keaton coa música en directo de CASPERVEK. Organiza. Sociedade Filarmónica de Monforte.

Martes 17 de marzo:

-Ás 18:00 horas na Biblioteca Pública Municipal. Presentación do libro “QUEDA MOITO QUE SACHAR. A literatura galega nunha caixa de zapatos” de Xosé Manuel Del Caño. Organiza: Editorial Embora e Club de lectura Pintor de Castinandi.

Xoves 18 de marzo:

– De 12:30 a 14:30 horas na Escola de Hostalería de Rosende, Xornada de Maridaxe: VIÑO DE AMANDI con produtos de IXP GRELO DE GALICIA e  IXP LACÓN DE GALICIA. Colaboran: Fundación Belarmino Fernández e AGACAL.

Sábado 21 de marzo:

– Pola mañá: Andaina circular polas parroquias de Proendos, Millán e Rosende. Organiza: Asociación O Colado do Vento.

– Ás 19:30 horas na CASA MUSEO GENIA TRIGO de GUNDIVÓS CONCERTO de GUITARRA a cargo de GONZALO PEÑALOSA. Organiza: Xuventudes Musicais de Sober

Martes 24 de marzo:

-Ás 18:00 horas na Biblioteca Pública Municipal. Presentación do libro “CONTIGO MUERE TU SECRETO” de FERNANDO HERNÁNDEZ. Organiza: Club de lectura Pintor de Castinandi.

-De 10:00 a 14:00 horas no Centro Sociocultural de Sober “V CONCURSO DE CATA POR PARELLAS”. Organiza: Fundación Belarmino Fernández.

Mércores 25 de marzo:

-Ás 19:00 horas no Centro Sociocultural de Sober. XORNADA TÉCNICA e CATA “Variedades resistentes a enfermidades: un futuro prometedor para o viñedo”. Coordina: Instituto Tecnológico Agrario de Castilla y León e o enxeñeiro Alfonso Losada.

Xoves 26 de marzo:

-Ás 18:30 horas no Centro Sociocultural de Sober. XORNADA TÉCNICA e CATA “No/Low, high level: viños sen alcol que xa non son un plan B”. Coordina: BevZero e o enñexeiro Alfonso Losada.

OUTRAS ACTIVIDADES:

Taller de campo

Do 13 ao 15 de marzo na Casa Grande de Rosende realizarase o Taller de Campo: PAISAJE Y HORIZONTE “Claves de la edición fotográfica” con JOSÉ GUERRERO. Organiza: La Plantación

Actividades conmemorativas 8-M

Dende o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Sober organízanse varias actividades no mes de Marzo para conmemorar o 8-M.

Exposicións

Do 20 de marzo ao 30 de abril no Centro Sociocultural de Sober estarán expostos os carteis presentados o concurso de carteis da XLVI FEIRA DO VIÑO DE AMANDI.

Cata de viños

Cun xurado profesional integrado por enólogos e sumiliers, celebrase una precata e cata final dos viños expostos na Feira.

Entréganse tres primeiros premios para viños tintos da anada de 2025, un premio para viños brancos da anada de 2025, un premio para viños rosados da anada 2025, un premio para viños tintos de anadas anteriores a 2025 e un premio para viños envellecidos en barrica. Organiza: Vinosacra

Concurso de deseño de carteis

Presentáronse 20 orixinais chegados de diferentes puntos do estado. O xurado acordou outorgar o primeiro premio o traballo titulado AMANDI, UN VIÑO DE CINE presentado por MARTA LUISA SILVARREY CASANOVA de BEGONTE.

 

 

XLVI FEIRA DO VIÑO DE AMANDI

PROGRAMA DE ACTOS

Venres 27 de Marzo

-Ás 1930 horas: Inauguración a cargo da ADEGA PETRóN de Doade, en lembranza de EPIFANIO CAMPO.

-Ás 21:30 horas: Actuación de FESTICULTORES TROUPE.

-Ás 23:30: Actuación de MONOLIUS DOP.

 

Sábado 28 de Marzo

-Ás 11:00 horas: Apertura de stands.

-Ás 11:30 horas: Actuación dun GRUPO DE MUSICA TRADICIONAL, a través do programa Tradigalu da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

-Ás 12:30 horas: Actuación da BANDA DE MÚSICA DE SOBER.

-Ás 17:00 horas: Comezo da Precata Oficial.

-Ás 18:30 horas: Actuación da Charanga BANDIÑOS BAND

-Ás 20:00 horas: Actuación de LOUBAND.

-Ás 22:00 horas: Actuación de ORQUESTRA BRAVÚ XANGAI

-As 23:30 Actuación de GIN TONI’S.

Domingo 29 de Marzo

-Ás 10:45 horas: Actuación da Charanga NBA.

-Ás 11:00 horas: Pasarrúas coa BANDA DE MÚSICA DE SOBER.

-Ás 11:30 horas: Comezo da Cata Final Oficial.

-Ás 11:30 horas: Misa Solemne coa Bendición de Ramos, na Igrexa de Sober.

-As 12:00 horas: Animación cunha selección de TUNAS de MADRID.

-Ás 12:30 horas: Recepción de Autoridades na Casa do Concello.

-Ás 13:00 horas: PREGÓN a cargo do chef Estrella Michelin RAFA CENTENO do Restaurante VÉRTIGO.

-Ás 13:30 horas: Entrega de Premios.

-Ás 17:30 horas: Actuación da Charanga NBA

-Ás 19:30 horas: Baile coa orquestra TANIA VEIRAS e OS CUMBIA POP.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Vídeo: O SIL.

 

Back to top button