EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Sobrado de Trives celebra o seu particular desfile polas adegas no marco da XII Feira Medieval

 

A localidade trivesa de Sobrado lembra nesta fin de semana o seu pasado medieval, cunha nova edición da súa feira.

 

 

Despois da xornada inaugural da Feira Medieval de Sobrado o sábado 2 de agosto con postos de artesanía e comida no mercado; e as diferentes actividades (coroación do Rei; representación do Foral; cea; teatro,…) chegaba o día grande. No mediodía deste domingo 3 de agosto, celebrábase o desfile por seis adegas do pobo no que participaba medio cento de persoas, comendo e bebendo.

 

 

Pola noite, ás 23 horas, celebrarase unha das actividades máis esperadas da feira: a sentenza da Inquisición e queima da bruxa, seguida da actuación dun druída e a queimada final á medianoite.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Back to top button