DeportesÚltima hora

Solange Pereira, ganadora 11 veces da Milla do Barco, dá a luz ao seu primeiro fillo

 

De noraboa está Solange Pereira, unha atleta moi querida en Valdeorras que vencía en ata once ocasións na Milla Urbana absoluta do Barco. A última vez que participaba e se proclamaba campioa era no 2022.

O pasado 15 de setembro volvía achegarse ata o circuíto desta proba barquense, pero non como corredora, senón acompañando á súa parella, Jesús Gómez, que se proclamaba subcampión na proba absoluta masculina.

Ambos acaban agora de ser pais do seu primeiro fillo, Mateo. Parabéns.

Foto cedida.

Back to top button