DeportesPescaÚltima horaVídeos

Soleada mañá de pesca cos nenos en Vilamartín, da man do Club Spinning Valdeorras

 

Transmitir aos máis pequenos a afección por unha pesca responsable e respectuosa co entorno, garantindo un relevo xeracional de calidade, é un dos obxectivos do club de pesca deportiva Spinning Valdeorras que en cada tempada, organiza alomenos unha xuntanza especialmente adicada a eles.

 

Foto cedida.

 

Noutras ocasións ían ata a praia fuvial de San Clodio, no concello lucense de Ribas de Sil, pero na mañá deste soleado e caluroso domingo 15 de xuño reuníanse en Vilamartín de Valdeorras, á beira do río na zona do pantalán. Alí, entre as 11 e as 13 horas un grupo de cativos do club desfrutaban da pesca nas tranquilas augas do Sil, acompañados polos seus pais, nais e membros do club que lles axudaban a preparar as canas e tamén a lanzalas.

Ver vídeo

Fotos: Mónica G. Bellver.
Vídeo cedido.

Back to top button