Neste domingo 20 de setembro, A Pobra de Trives pon o broche ás festas patronais. A pasada fin de semana celebraba por todo o alto a fstas na honra ao Santo Cristo da Misericordia e neste era a quenda da Dolorosa.
O sábado actuaba En Mala Hora, grupo de rock e pop afincado en Ourense que interpreta versións de grandes clásicos nacionais e internacionais e hoxe, a última xornada festiva, ás 13 horas tiña lugar o acto central a solemne eucaristía, seguida pola multitudinaria procesión que levará á imaxe da Dolorosa por toda a vila, presidida polos membros da directiva da Confraría de Nosa Señora das Dores.
Con todo o broche ás Festas do Cristo e da Dolorosa 2026 poñeráo a orquestra Gran Parada, grupo coruñés con máis de 50 anos de historia que ademáis de ter no seu repertorio a mellor música de baile conta tamén cos temas máis actuais e que amenizará o baile en sesión de tarde longa a partir das 21:30 horas na rúa San Martín.
Vídeo cedido.