ConcellosTrivesÚltima horaVídeos

Solemne celebración do Santo Cristo da Misericordia na Pobra de Trives

 

A Pobra de Trives é outro dos concellos que ten neste domingo 14 de setembro o día grande das festas na honra ao Cristo. No seu caso ao Santo Cristo da Misericordia que protagonizaba un dos actos destacados da xornada, a procesión.

 

 

O programa comezaba arredor das 10 horas cun pasarrúas da Banda de Ramirás e xa ás 12 hora tiña lugar a solemne procesión co Santísimo Cristo encabezada polos sacerdotes e devotos que se concentran na confraría que leva o seu nome. A súa formación data do século XVIII e ela é a responsable de conservar non só a tradición, senón a propia imaxe relixiosa que chegou a Trives dende Palestina a mediados de 1700.

 

 

Trala procesión, á que non faltaba a corporación municipal coa alcaldesa Patrica Domínguez á cabeza e numerosos fieis, tiña lugar a celebración da misa cantada polo parroquial.

Xunto ao Cristo saía tamén a imaxe da Dolorosa aínda que terá a súa propia celebración solemne o vindeiro domingo 21 de setembro.

 

 

A festa continuará pola tarde, cun concerto da Banda de Ramirás na praza do Pilón ás 18 horas. E xa pola noite será a orquestra Capitol a encargada de amenizar a festa a partir das 21 horas na rúa San Martiño, en sesión de tarde e tamén verbena.

 

 

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

Back to top button