CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Son do Sil cantará no Barco, en memoria dos seus compoñentes falecidos

Será na misa que se celebrará mañá, 17 de decembro, na igrexa de Santa Rita ás 1 9 horas

Son do Sil na ronda a Santa Rita o pasado mes de maio./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Nos últimos tempos Son do Sil perdeu a varios dos seus compoñentes aos que queren renderlle unha homenaxe moi especial.

A agrupación musical convida aos seus amigos e veciños á misa que se celebrará mañá, mércores 17 de decembro, ás 19 horas na igrexa de Santa Rita, no Barco de Valdeorras “en memoria dos seus compoñentes falecidos”: José Ares González (Tito), José Fernández González (Pepe de Valdegodos), José Ramos Vila (Pepe Taxista), Antonio Prada Salvador (Tonito Tornero), José Iglesias Seara (Pepe Seara) e Armando Fernández Ramos (Armando).

Durante a misa, ademais das relixiosas, Son do Sil interpretará algunhas das cancións do seu repertorio “ás que deron voz en vida os nosos compañeiros falecidos”, adiantan dende a agrupación.

Back to top button