CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Son do Sil despide a Pepe Seara, de Viana, “un ser excepcional cunha voz que era un agasallo”

 

Hoxe é un día triste para Son do Sil, a agrupación músico-vogal que vén de perder  a un dos seus membros, Pepe Seara “un ser excepcional que nos deixou demasiado pronto” ao que lle renden homenaxe cunha sentidas verbas.

O noso querido solista, Pepe Seara, deixounos cun gran baleiro, pero o seu legado musical permanecerá por sempre na nosa memoria e nos nosos corazóns. A súa voz era un agasallo, capaz de transmitir emocións profundas e conectar con cada persoa de maneira única. Xa fóra nun ton suave e melódico ou nun berro apaixonado, a súa voz levábanos a un mundo de sentimentos e sensacións que poucos poden igualar.
Pero o seu talento ía máis aló da súa voz.

Era un home dunha personalidade irresistible, chea de paixón e enerxía. A súa presenza no escenario, a súa capacidade para conectar co público. Era un verdadeiro artista, sempre disposto a dar o seu corazón e alma en cada actuación.

Aínda que hoxe dóenos a súa partida, lembremos o seu legado e sigamos adiante coa música que tanto amaba. A súa voz, a súa personalidade e a súa paixón musical seguirán vivindo en nós e en cada unha das cancións que nos deixou.

Pepe Seara era galego de Viana do Bolo, Ourense, amaba Galicia, levábaa no corazón e cantouna como poucos, facendo que a súa interpretación de Galicia Docemente, con letra de Manuel María e música de Son do Sil, converteuse nunha sorte de himno da súa querida terra.

Descansa en paz, querido amigo. A túa voz e a túa música sempre serán lembradas.

Texto e foto: Son do Sil.

Back to top button