
Día triste para Son do Sil que volve estar de loito. Dous meses despois de despedir a unha das súas voces máis características, Pepe Seara, espertaba coa perda doutro dos seus membros e socio fundador (dende 2007), o valdeorrés Armando Fernández Ramos, que falecía neste xoves 9 de outubro no Barco, aos 71 anos.

Natural de Carballeda de Valdeorras e casado con Mª Luisa Lamela (membro do IEV) Armando tiña dous fillos, Lucía e Marta. Veciños da rúa San Mauro, Armando era “alegre, cercano e servicial”, en palabras do presidente do IEV, Aurelio Blanco para quen “todo o bo que pode dicirse del é pouco para definilo como persoa boa e xenerosa”.
A súa capela ardente está na sala 2 do Tanatorio Santa Rita; e o funeral será mañá, venres 10 de outubro ás 17 horas na igrexa de San Mauro, no Barco de Valdeorras seguido do sepelio no cemiterio da mesma localidade.

Fotos: Carlos G. Hervella.