CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Son do Sil despide con música ao seu compañeiro Miguel Garrido en Valladolid

 

 

Onte, día 25 de abril, na pequena pero bonita igrexa da Santa Vera Cruz de Valladolid despedimos ao noso compañeiro Miguel (Garrido Gómez). Foi unha Misa preciosa, coa urna que contiña as súas cinzas ao pé do Cristo da Vera Cruz, do que el era ademais devoto, confrade desde neno.

Non vou incidir sobre as virtudes do noso amigo porque outros compañeiros fixérono e son sobradamente coñecidas. Foi un acto no que o grupo deuno todo, sobrepóndose á emoción e cun nó na garganta dos presentes, Son do Sil interpretou cancións relixiosas e outras do noso repertorio como xa se fixera anteriormente.

Hoxe Miguel xa voa alto ata ese lugar máis aló do Arco da vella como cantaba connosco en moitas ocasións, ese lugar que soubo gañarse neste mundo pola súa bonhomía e xenerosidade. Nós sempre te lembraremos con cariño. Grazas por todo Miguel.

Texto: Mino Alonso, presidente de Son do Sil.

Vídeos cedidos.

 

Back to top button