CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Son do Sil porá música ao magosto 2026 de San Xoán de Río, o sábado 14 de novembro

Son do Sil na Festa da Bica de Trives./ Foto: Arquivo Carlos G. Hervella.

 

Igual cantan nunha gala benéfica que amenizan un xantar. Son do Sil  sabe levar e adaptar as súas melodías e actuacións a cada escenario e así o teñen demostrado, actuando en prazas, en auditorios, en igrexas e tamén entre as mesas dun xantar como o da Festa da Bica en Trives.

Nesta ocasión, a agrupación musical achegarase ata San Xoán de Río para amenizar o magosto, o sábado 14 de novembro, co que o Concello pechará o Festival Río Lonxevidade. Será a partir das 17:30 horas no polideportivo, con castañas, chourizos, panceta, bica, pan e viño, e a actuación de Son do Sil na que non faltará algún bolero característico do seu estilo nin algún dos clásicos con ese novo formato, máis reducido, ao que se tiveron que adaptar.

Back to top button