“Soulecín abre as portas á súa memoria. Hai historias que merecen ser contadas e outras que tamén merecen ser escoitadas”. Así se refire Sonia Moral Álvarez ao libro que vén de escribir e que pon o foco nesta localidade barquense. Titúlase “La tableta de chocolate. Una vida de resistencia” e a súa presentación terá lugar o vindeiro 11 de xullo, ás 19:00 horas, na Aira do Fondo, en Soulecín, a presentación do novo libro de Sonia Moral Álvarez, La tableta de chocolate.
A autora estará acompañada por Santiago Macías, escritor e fundador da ARMH. Será, adianta, “un acto para descubrir a memoria dun pobo, emocionarse coas súas historias e compartir unha tarde de cultura, lembranzas e encontro. Porque un pobo que conserva a súa memoria nunca deixa de ter futuro”.

