Dende esta mañá os meniños podían visitar na praza do Concello a Casiña de Papá Noel, unha iniciativa que forma parte da campaña de Nadal do Barco Centro Comercial Aberto (CCA). No seu interior podían fotografarse cos elfos e darlle as súas cartas de cara á vindeira visita deste personaxe do Nadal.

Durante a tarde, contra as oito, había colas de nenos ilusionados coas súas mais e pais, agardando para visitar esta Casiña. E, nese intre, eran sorprendidos por unha nevada que enchía de branco a noite. Un momento que moitos aproveitaban para tomar imaxe e os máis pequenos para xogar con esta neve tan especial.
Estas singulares “nevadas” repetiranse o martes na praza Maior e o mércores novamente na praza do Concello, xunto á Casiña de Papá Noel.
Fotos: A.R.
Vídeo: O SIL.