EconomíaEconomíaÚltima hora

Sorteo da campaña “Mercar no teu comercio ten premio”, este xoves en Quiroga

 

A rúa Real de Quiroga acollerá neste 19 de outubro ás 13h. o sorteo da campaña “Mercar no teu comercio ten premio”. O evento final da campaña empezará ás 10h. na mesma ubicación. Neste lugar, entre as 10.00 e as 13.00 hs, poderán canxearse os tickets das compras realizadas durante as datas de duración da campaña (do 11 ao 19 de outubro) por boletos para participar no sorteo en directo de 1.000 euros repartidos en 2 tarxetas prepago de 300 e 8 tarxetas de 50 euros. Estas tarxetas deberán ser empregadas polos gañadores en novas compras no comercio de proximidade local.

Ademais, todos os clientes participantes poderán optar a un agasallo directo participando na Ruleta da Fortuna da Federación de Comercio. Ás 1 horas haberá tamén un espectáculo musical. “Mercar no teu comercio ten premio” é unha iniciativa de promoción do comercio de proximidade galego organizada pola Federación Galega de Comercio e a Consellería de Economía, Industria e Innovación – Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, coa colaboración neste caso da Federación de Comercio de Lugo e a Asociación de Empresarios Xeoparque Montañas do Courel.

Así, todos os clientes de Quiroga que realizarán compras por importe mínimo de 10 euros no comercio de proximidade entre o 11 e o 19 de outubro, poden participar no sorteo en directo destos 1.000 euros en premios.

Artigos relacionados

Back to top button