EconomíaEconomíaEntroido 2026Última hora

Spain Trips programa paquetes turísticos para desfrutar deste Entroido en Vilariño de Conso e Viana

Agardando pola xente para ir ao Entroido de Vilariño de Conso./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

“Atraer ao turista para potenciar a comarca” era unha das ideas principais coas que arrincaba hai uns tres anos a axencia de viaxes Spain Trips, primeiro dende a sede en Barxela (Petín) e a edición dixital, e agora dende o local que abrían hai case un ano na rúa Marcelino Suárez, 7 do Barco de Valdeorras.

Trátase de dar a coñecer a zona non só á xente de fóra senon para os propios veciños que ás veces non coñecen o que teñen máis cerca, con paquetes nos que intentan que esté todo incluído. Un exemplo son as viaxes que un ano máis teñen programadas para o Entroido, a Vilariño de Conso o sábado 14 de febreiro e Viana do Bolo o domingo día 15.

A un prezo de 50 euros, o paquete inclúe autocar de ida e volta, desfile de folións e xantar popular, Festa do Cabrito en Vilariño e Fesa da Androlla en Viana do Bolo.

 

Back to top button