
O próximo 1 de xaneiro do 2025 o Club Peña Trevinca Barco organizará a súa xa tradicional subida a Correxais (Vilamartí), tamén Memorial Santiago Melo. Ademais baixarase pola Pincheira.
O punto de encontro será a pasarela verde do Malecon do Barco ás 9h., tal e como vén de anunciar o club, que anima á participación asegurando que se trata dunha medida “ideal contra a resaca de noitevella e para baixar os excesos do Nadal”.