Elección galegas 18F - 2024PolíticaÚltima horaVídeos

Suso Vilasánchez, número 8 do BNG por Ourense, votaba no Barco

 

Contra as 12:30h. deste mediodía de 18 de febreiro, o número 8 da lista do Bloque Nacionalista Galego pola provincia de Ourense, Suso Vilasánchez Feijóo, exercía o seu dereito a voto nunha das mesas electorais situadas no Teatro Lauro Olmo do Barco.

Despois facía unhas declaracións ao Periódico O SIL nas que comentaba que, salvo algún “pequeno rifirrafe verbal, está sendo un día tranquilo”. Ademais destacaba a participación da xente e comentaba que a xornada está transcorrendo “se ningún problema. Esperaremos os resultados e que Galiza decida o que ela queira”.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button