DeportesÚltima hora

Suspéndese a 5ª Marcha Nocturna por Trevinca “Entre Lobos e Estrelas”

O motivo: a falta de entendemento entre a dirección técnica e o Concello da Veiga
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

Estaba prevista para a noite do 21 ao 22 de setembro, pero, finalmente, non se levará a cabo. A organización e dirección técnica da 5ª Marcha Nocturna “Entre Lobos e Estrelas”, que discurre por Trevinca, vén de anunciar a suspensión desta proba deportiva por falta de entendemento co Concello da Veiga.

Os seus promotores explican que o proxecto desta proba deportiva de alta montaña entregabáselle ao Concello o pasado 14 de agosto, “con suficente antelación para solicitar os permisos correspondentes a Medio Ambiente, Medio Rural e Parque Natural do Lago de Sanabria, incluíndo ademais a imprescindible colaboración dos diferentes corpos da Garda Civil”.

O control de chegada estaba situado nesta ocasión no pobo de Porto (Zamora) por motivos técnicos, algo que o Concello da Veiga pediu que se cambiase, e co que a organización non estaba dacordo.

Tendo en conta que a última hora da mañá do pasado 26 de agosto “a resposta de aceptación non a esperada, nin tampouco nada nos induciu a pensar que nos próximos días podería selo”, a organización acordou a suspensión da cita deportiva. “Lamentamos ter que suspender durante este ano 2013 esta actividade montañeira de gran interese en Galicia, actividade de recoñecida importancia e xa posicionada como a Marcha Nocturna por montaña máis dura, con longos percorrido por riba dos 2.000 metros, con ascensión a Pena Trevinca-Cume de Galicia”, sinalaba Cholo Fernández, dende a dirección técnica desta ruta.

A intención é tentar retomala en xullo do vindeiro ano baixo a organización e dirección da Asociación de Turismo de A Veiga (Trevihost).

Texto: O Sil/Redacción Foto: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button