Tiro ao prato, petanca, pádel e tamén fútbol. Os veteranos sumábanse este ano á programación deportiva das Festas de Santa Rita, no Barco de Valdeorras, cun interesante derbi no campo municipal de Calabagueiros.




Na tarde deste sábado 23 de maio, os veteranos do Barco e os da Rúa enfrontábase nun encontro amigable de fútbol, arbitrado polo tamén veterano Carlos López Gudiña (Andarines Arcos), que se saldaba cun empate 2-2.



Como adoita acontecer neste tipo de partidos nos que prima a deportividade e a amizade por riba do resultado, o equipo anfitrión convidaba ao visitante no bar do campo.


Fotos: Carlos G. Hervella.