SanidadeÚltima hora

Taller de coidados bucodentais para adultos, o 20 de marzo na Rúa e o día 21 no Barco

Esta iniciativa, promovida dende o Centro de Saúde destas dúas localidades, enmárcase na celebración do Día Mundial da Saúde Bucodental

 

Na prevención inciden os dous talleres de coidados bucodentais que terán lugar na Rúa o día 20 de marzo e no Barco ao día seguinte. Ambos serán impartidos pola hixinienista do Centro  de Saúde destas dúas localidades e enmárcanse na conmoración do Día Mundial da Saúde Bucodental. “Están dirixidos a persoas adultas e son talles de prevención e saúde comunitaria. Abordaremos cuestións como os cepillados dentais, os cepillos interdentais, a seda dental, as irrigacións, como limpar as próteses dentais ou as férulas e lembraremos como se realiza un bo cepillado”, adianta a hixienista dental Yolanda Fernández.

O obxectivo é resolver dúbidas e corrixir erros que as persoas, sen sabelo, están a cometer nos seus coidados dentais. “Temos que insistir en que un bo cepillado dental é a base da prevención”, destaca a hixienista dos Centros de Saúde do Barco e da Rúa.

Durante os talleres, que terán un carácter moi práctico, contarase con todo o instrumental para amosar como se fai unha axeitada limpeza bucodental e resolveranse dúbidas. As persoas interesadas en participar deberán inscribirse previamente nos Centros de Saúde da Rúa ou do Barco, xa que as prazas son limitadas, ou ben enviando un correo electrónico a yolanda.fernandez.gonzalez2@sergas.es.

No caso da Rúa o taller terá lugar o día 20 entre as 11h. e as 12.30h. na Aula Multiusos do Concello e no Barco impartirase entre as 19h. e as 20:30h. na Sala de Xuntas do Centro de Saúde.

 

Artigos relacionados

Back to top button