Cando hai case un ano María Fernándes Morais reabría o espazo de moda Charo López (rúa Pérez Lista do Barco de Valdeorras), transformado en ‘Lo de María’, un novo concepto de mercería no que tamén atopamos prensas exclusivas feitas a punto e gancho, facíao coa idea de ofrecer ademais asesoramento e talleres.
Así o facía e na tarde deste luns 19 de outubro asistíamos a un dos talleres de gancho ou crochet que están a ter moito éxito. “A xente vén e fai as prendas e detalles que queren e pasan aquí dúas horas”, explica María, adiantando que conta con varios grupos, unha vez á semana. “Teño os luns, martes, mércores e xoves de 18:30 a 20:30 horas, cun máximo de seis persoas en cada grupo”.
O ano pasado xa o fixo pero empezou un pouco máis tarde co cal durou menos, “pero este ano xa comezamos en outubro e estaremos ata xuño”, di María.

Fotos: O SIL.