
O vindeiro venres 23 de outubro o Servizo de Montes e o Distrito Forestal IX Lugo-Sarria ten previsto organizar, dentro do plan de formación e transferencia da consellería do Medio Rural 2026 a través de AGACAL, unha acción formativa dedicada á marcaxe de frondosas no municipio de Lugo.
No decurso deste taller, que terá unha parte teórica (na sala de xuntas da Escola Politécnica Superior de Enxeñería do Campus de Lugo) e outra práctica (no marteloscopio da parroquia luguesa de Labio), abordáronse cuestións como os criterios silvícolas na madeira de calidade de frondosas, as claves para a selección e marcaxe de exemplares de frondosas, así como a práctica de selección e marcaxe sobre o terreo no marteloscopio de Labio.
Ademais para o desenvolvemento desta actividade formativa contarase con expertos como Froilán Sevilla Martínez (Xefe Sección Territorial Merindales en Junta Castilla y León) e Roque Rodríguez Soalleiro (Catedrático da USC).