SanidadeÚltima hora

Taller de primeiros auxilios a bebés e primeira infancia, o 17 de abril no Barco

 

O vindeiro 17 de abril ás 16h. a Asociación de De Nai a Nai organizará un taller de primeiros auxilios a bebés e primeira infancia. Será a segunda edición desta acción formativa, e do mesmo xeito que na primeira, será impartido por Beatriz Rodríguez Collazo, enfermeira pediátrica do Centro de Saúde do Barco. Terá lugar na sede da asociación, no 4º andar do edificio da Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco.

“O taller de primeiros auxilios para bebés e primeira infancia é unha oportunidade para que os pais e coidadores adquiran habilidades cruciais no manexo de emerxencias médicas que poidan xurdir nos máis pequenos. Durante o taller, cóbrense temas como a prevención de accidentes comúns, recoñecemento de sinais de perigo, técnicas de reanimación cardiopulmonar (RCP) adaptadas a bebés e nenos pequenos, e como actuar fronte a situacións como atragoamento. Aprender a recoñecer a diferenza entre a tose normal e unha obstrución pode ser crucial en situacións de emerxencia relacionadas coa alimentación”, explica a presidenta da Asociación De Nai a Nai, Lorena Prada.

 

 

Esta é unha actividade gratuíta, pero para participar é necesaria inscrición previa, e terá un número limitado de participantes, xa que se realizarán prácticas por grupos. A inscrición pode realizarse no correo denaianai@gmail.com.

 

Artigos relacionados

Back to top button