Nesta nova tempada o Centro de Deportes Barco mantén os seus convites á afección, adaptados a cada época. En pleno outono é tempo de castañas polo que na tarde deste domingo 18 de outubro celebrábase no campo municipal de Calabagueiros o tradicional magosto do CD Barco.



No descanso do partido entre o Barco e a Sarriana, que se resolvía cun empate a uns, a directiva do club barquense repartía castañas asadas durante a primeira parte do encontro.




En cucuruchos ou en vasos de cartón, todo aquel que se a chegaba ata o bar recibía a súas castañas que degustaba nunha soleada tarde de outubro.

Fotos: O SIL.