Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima horaVídeos

Tarde de orientación na praza Maior do Barco de Valdeorras

 

Na tarde deste mércores 9 de xullo, a praza Maior do Barco de Valdeorras acollía unha actividade entre o deporte e o lecer, tan estival como divertida. Da man do Club Our-O un bo número de nenos e tamén adultos participaban nun labirinto de orientación, con diferentes graos de dificultade, que ían completando.

 

 

“Temos varias propostas, dende as máis sinxelas ata as máis complexas que son as que máis atraen”, aseguran dende a organización, pendentes dos participantes que, malia o calor, entraban e saían do labirinto picados pola curiosidade.

Para esta actividade de carácter gratuíto precisaban ganas de divertirse pero tamén de pensar e correr, unha fusión que a fai moi completa e interesante.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Back to top button