CulturaCulturaEducaciónÚltima horaVídeos

Teatro participativo contra o acoso escolar, no programa ‘Pasando a Bóla’ no colexio de Vilamartín

 

O CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín de Valdeorras, é un dos centros escolares da provincia de Ourense que participa no programa ‘Pasando a Bóla’ contra o acoso escolar.

Trátase dunha iniciativa dirixida ao alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria, que está a desenvolver a Xunta a través do Plan integral contra o acoso e o ciberacoso escolar, con distintas liñas de actuación orientadas a promover a inclusión, mellorar a convivencia e garantir un clima seguro nas aulas.

 

 

Neste marco, a Xunta asinaba coa Federación Galega de Municipios e Provincias o acordo para poñer en marcha este ano a nova Rede de Concellos contra o Acoso Escolar, unha iniciativa que reforza a colaboración entre administracións para avanzar na sensibilización, prevención, formación e intervención ante posibles casos.

 

 

O programa ‘Pasando a bóla’ consiste nunha representación teatral participativa que se combina coa intervención do alumnado como unha oportunidade para que a comunidade educativa dialogue sobre este tipo de situacións. No colexio de Vilamartín o obradoiro tiña lugar na tarde deste luns 4 de maio na Biblioteca, onde os cativos asistían á obra representada por un grupo de alumnos voluntarios que representaban tres papeis clave no acoso escolar, tamén chamado bulling ou violencia nas aulas: os espectadores, o acosador cos “seguidores” e a vítima.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Back to top button