Última hora

Temporal e circulación ferrovaria en Valdeorras

Trenproblemasnavia

A caída dunha árbore en San Clodio (Lugo), debido ao temporal, tivo consecuencias na circulación ferrovaria en Valdeorras o pasado 14 de febreiro. Un exemplo foi o do tren que sae da estación do Barco ás 19:30 h. da tarde. As persoas que ían subirse nesta estación e os viaxeiros deste tren agardaron durante máis de dúas horas na estación para poder viaxar. Finalmente, e tras protestas dos usuarios, Renfe puxo á súa disposición dous autobuses para facer a viaxe. Na imaxe pode verse como ás dez menos cinco da noite, os viaxeiros estaban aínda na estación barquense.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button