ConcellosLaroucoÚltima horaVídeos

Tensa noite, rodeados polo lume, na Portela de Portomourisco

 

Rodeados polo lume, preparados con mangueiras e tractores ante a proximidade da chamas. Así pasaban os veciños da Portela e Portomourisco, entre os concellos de Larouco e Petín, a tarde e noite do xoves 14 de agosto.

 

 

Malia non peligrar, en principio, as casas, os diferentes focos do incendio de Larouco-Seadur, reactivábanse unha e outra vez rodeando estas dúas localidades e mantendo en vilo aos veciños, pendentes de cada cambio de dirección provocado polo forte vento que en poucas horas levaba as chamas por Petín, Carballal e mesmo O Seixo, sen deirxar Larouco, Seadur e Freixido.

 

 

A estas horas e segundo os datos da Consellería, o incendio continúa activo e leva arrasadas 800 hectáreas.

Ver vídeo

 

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver e cedidos.

Back to top button