CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Tentempié actuará este venres na Rúa, trala cea popular do CarnaVrao

Tentempié na súa presentación no Barco./ Foto cedida.

 

Formado por José Antonio “Cana” (voz); Emma (voz); David Trincado (guitarra); Javi (piano, guitarra e apoio en voz); Óscar Pérez (baixo); e José Francisco “Paquito” (ritmo e batería), Tentempié é un proxecto musical valdeorrés recentemente creado que comezaba en maio a súa xira de presentación.

Facíano no bar Skándalo do Barco onde vivían “unha noite moi especial chea de música” e neste mes de xullo achegaranse ata A Rúa no marco da celebración do CarnaVrao.

Este venres 4 de xullo, trala cea popular na rúa Doutor Vila, Tentempié porá música á noite ruesa, presentando ao aire libre o seu potente directo cun repertorio variado no que de novo pasarán por moitos estilos de sempre, pero dándolles o seu propio toque.

 

Back to top button