ConcellosO BarcoÚltima hora

Terremoto no oriente ourensán e en Quiroga ás 22:34h. deste 15 de outubro de magnitude 4

 

Pasadas ás dez desta noite, en concreto ás 22:34h. sentíase mover a terra en Valdeorras. Duraba un total de 60 segundos e notábase claramente, facendo mover portas e ventás, tamén movía vasos e outros enseres domésticos. Trátase dun terremeto que, segundo as primeiras informacións, como é o caso do sistema de alerta de Android ou o sistema de alertas do IGN producíase a 13 km de Ponferrada, en Priaranza do Bierzo, e era de magnitude 4.

O tremor sentíase de xeito especial no Barco, e tamén en aldeas como Vilariño e O Castro, tamén se deixaba sentir na Rúa e noutros puntos do oriente ourensán como Manzaneda e Viana do Bolo, entre outros lugares.

Mesmo houbo persoas que sentiron o seísmo noutros puntos de Galicia e tamén no norte de Portugal.

En canto se teñan máis datos ampliarase información.

 

 

 

 

Fonte imaxes: Instituto Geográfico Nacional.

 

Back to top button