Na tardiña deste sábado 5 de xullo celebrábase no Salón de Actos da Casa Grande de Viloira, no Barco de valdeorras, a segunda e última xornada do 37º Encontro de Poetas que reunía na fin de semana a máis de trinta persoas chegadas dende diferentes partes de Galicia e tamén do Bierzo e outros países como Portugal ou Arxentina.



Na xornada inaugural os protagonistas eran tres poetas xa falecidos (Eulogio Gavela, Matilde Veiga e Xosé de Valbuxán ‘Yosso’) e na de clausura as palabras de Carmen Gago eran para Manuela López, outra poeta tamén falecida. Ademais, nesta xornada líanse os poemas de 22 poetas, entre eles os organizadores da velada, Emilio Vega de Ponferrada e M. Carmen Gago orixinal do Barco e residente en Pontevedra, que abrían e pechaban o acto.


O apartado musical corría hoxe a cargo da Rondalla Sones de Cúa de Cacabelos, rematando, como vén sendo habitual, coa entrega de galardóns aos participantes e a cea de confraternización.

Fotos: Carlos G. Hervella.