DeportesÚltima hora

Títulos galegos para os atletas das Escolas Deportivas de Trives no galego de clubs Sub10 e Sub12

 

Balance moi positivo para os atletas das Escolas Deportivas de Trives que participaban no Campionato galego Sub10 e Sub12 de clubs que se desenvolvía neste 17 de maio nas pistas de Calabagueiros (O Barco). Todos eles competían coa camiseta do Club Adas Cupa.

Así, Adrián (participaba nos 500 m), Gérard (nos 100m) e Ángel (en pelota 200 gramos) eran campións galegos por equipos masculinos co Adas na categoría Sub10, mentres que Edi (competía en peso 2 kg) lograba o título galego en Sub12 por clubs.

 

 

Tamén acudía a esta competición Ana, en peso, logrando un quinto posto galego co Adas por clubs.

Fotos cedidas.

Back to top button