CulturaCulturaÚltima hora

Todo listo para o “6º Quimedo”, previsto para o 25 de outubro en Quiroga

Na súa última edición este singular percorrido con túnel do terror reunía a uns 1.200 participantes

Cedida.

 

A organización do Quimedo vén de abrir o prazo de inscrición para participar na sexta edición, que terá lugar o próximo 25 de outubro.

Desde a organización avanzan que este ano o evento incorporará novidades e novas experiencias, co obxectivo de sorprender aos participantes e consolidarse como unha das citas máis esperadas no municipio.

As inscricións poden realizarse de maneira presencial na Casa da Cultura de Quiroga ou a través da páxina web do concello.

Na súa última edición, o Quimedo reuniu a 1.200 participantes. A actividade consiste nun percorrido por un gran túnel do terror instalado no casco urbano de Quiroga e en Pacios de Mondelo, converténdose nunha proposta que combina lecer, participación e tradición local.

 

Back to top button