CulturaCulturaEn portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

“Todos somos colexio, formamos unha engranaxe que se ocupa e preocupa polo alumnado dende os inicios”

Así o destacaba a directora do CEIP Otero Pedrayo de Viloira (O Barco), Remedios Arias, no 50+ aniversario deste centro que reunía este 22 de xuño de profesorado e alumnado actual e pasado

 

Música de gaita galega e tamén de frautas para recibir á comunidade educativa actual e a pasada no exterior do CEIP Otero Pedrayo de Viloira (O Barco) nunha mañá moi especial. E co son, tamén unha imaxe de hai 54 anos, a do corte de cinta inaugural deste centro educativo polo que ao longo de máis de medio século teñen pasado multitude escolares, mestres e tamén pais e mais. Neste 22 de xuño este colexio conmemoraba o seu 50 aniversario (+ 4 anos), ao non poder festexalo na data que lle correspondía por mor da pandemia.

O colexio engalanábase para a ocasión e moitos antigos alunmos redescubrían as súas instalacións, reencontrábanse con fotos antigas colocadas polos corredores e tamén con antigos profesores e directivos nunha celebración moi emotiva que principiaba coa actuación do coro do colexio. Despois dábase paso a unha primeira proxección, que facía un repaso pola historia do CEIP dende a súa inauguración ata as súas actividades (comparsas no Entroido ou participación nos Maios, entre outras).

 

 

Deseguido, a directora do colexio, Remedios Arias, daba a benvida, agradecía a asistencia e e destacaba e facía unha lembranza especial de antigos compañeiros no centro como Chelo e Lola, o “señor Pepe o conserxe”, o primeiro director, “Don Enrique”, así como dos seguintes. Tamén se refería ao profesorado e ao resto de persoal que fai posible a actividade educativa: dende as limpadoras ata os monitores, así como aos pais e mais da ANPA. “Todos somos colexio, formamos unha engranaxe que se ocupa e preocupa polo alumnado dende o principio”.

 

 

Tamén agradecía a colaboración e implicación co centro que demostran entidades como o Concello do Barco, a Cruz Vermella Valdeorras, AEVA, O Barco Centro Comecial Aberto (CCA)e a Policía Local, entre outras. Ademais Remedios Arias comentaba como ao longo de 5 décadas foron “moitos os cambios” e aludía tamén á evolución das instalacións do colexio, destacando a construción do pavillón, “que nos custou moito”.

 

 

Rendiáselle tamén unha homenaxe especial ás mestras que ao longo deste medio século impartían clases nestas aulas de Viloira, comezando pola máis veterana Dona Lolita, que acudía acompañada da súa filla, Ana, antiga alumna e ademais profesora neste mesmo centro. Entregabáselle un ramo de flores. Tamén a outras docentes prsentes como Loli Ciso, Isabel, Manolita, Luísa, Rosalía, Adolfo, Ana Raquel, Sandra, Avelina e Merche.

A directora non se esquecía tamén do seu equipo actual, cunha mención especial a Gema e Silvia, así como ao resto das profesoras. “Somos un equipo moi harmonioso, que non nos quedamos sentadas, senón que somos moi activas e gústanos estar innovando porque a ensinanza son moitas cousas, e todo iso repercute na bagaxe do alumnado. Estamos moi orgullosos do noso colexio”.

 

 

A continuación, proxectábase un novo vídeo, había unha actuación de baile dos escolares e dábase paso a unha serie de intervencións, entre elas a do alcalde do Barco, Alfredo García, así como á da presidenta da Cruz Vermella Valdeorras, Mariví Núñez, así como ás de antigos alumnos e mestres.

Posteriormente, facíase unha visita guiada polo alumnado polas instalacións, entre elas a aula de música ou a nova biblioteca para concluír no ximnasio, onde estaba prevista unha petiscada.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button