Esta mañá tiña lugar a toma de posesión de Alicia López como nova xefa territorial de Ourense da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación. Neste acto tamén participaron o secretario xeral técnico deste departamento, Pablo Casal, así como o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén.