SanidadeÚltima hora

Toque de Nadal na “Ruta Saudable” da AECC, no Barco

 

Como cada xoves, dende o pasado 3 de outubro, os participantes na “Ruta Saudable” da Asociación Española contra o Cancro (AECC) no Barco realizaban a súa andaina, dunha hora de duración, que pasaba pola zona vella da vila.

Pero a andaina deste xoves, tendo en conta a proximidade do Nadal, tiña un toque e un color especial, e así o amosaban algúns dos participantes, acompañados pola voluntaria da AECC, que camiñaban ataviados con adornos ou prendas navideñas.

O obxectivo da iniciativa é fomentar os hábitos saudables entre a veciñanza, xa que prevén moitas enfermidades, entre elas, o cancro. Para participar tan só é necesario anotarse na oficina da AECC no Hospital Público de Valdeorras ou ben chamando ao 900 100 036 (teléfono de Infocancer).

Fotos: A.R., agás as dúas últimas da galería que son cedidas.

Back to top button