DeportesFútbolÚltima hora

Torneo de fútbol 7 e ruta de viños polas airas, neste mes de xullo da man do CD Córgomo Vilamartín

Do 11 ao 13 celebrarase unha nova edición do torneo de fútbol 7 'O Camiño de Inverno' en Vilamartín; e o 19 a I Ruta das Airas en Córgomo

 

Dobre cita lúdico-deportiva no concello de Vilamartín de Valdeorras para este mes de xullo, da man do CD Córgomo Vilamartín.

Do 11 ao 13 de xullo celebrarase unha nova edición do torneo de fútbol 7 ‘O Camiño de Inverno’ no campo de O Bañadoiro, en Vilamartín; e na seguinte fin de semana unha nova iniciativa enogastronómica.

A I Ruta das Airas terá lugar o sábado 19 de xullo en Córgomo, cun percorrido pola localidade que comezará ás 20 horas e na que se poderán degustar viños da DO Valdeorras e petiscos variados. A entrada custará 15 euros anticipada e 18 en taquilla, e incluirá cunca e pulseira. A ruta estará amenizada musicalmente por charangas e djs.

 

 

Back to top button