DeportesÚltima hora

Torneo de fútbol 8 o 17 de setembro en Xinzo

O II Memorial Toñito Maestro comezará ás 9:30 horas nas instalacións de A Moreira

MEMORIAL TOÑITO MAESTRO 2016.cdr

Uns 22 equipos pertencentes ás categorías alevín, benxamín e prebenxamín dos clubs Pabellón C.F, ED Verín, ED Barbadás, ED Celanova e EDC Xinzo participarán no II Memorial Toñito Maestro de fútbol 8 organizado polo Concello de Xinzo de Limia en colaboración co club EDC Xinzo.

O torneo celebrarase o vindeiro sábado 17 de setembro a partires das 9:30 horas nas instalacións de A Moreira e do José Antonio Fernández Carrera e tal como adiantan dende o Concello, haberá brincadeiros, agasallos e sorteos. Os xogadores xantarán no comedor escolar do Ceip Rosalía de Castro.

Dende a concellería de Deportes de Xinzo tamén informan da apertura de inscricións nas escolas deportivas, o 14 de setembro. Na oferta para adultos hai cachibol e ximnasia de mantemento e para os cativos: ximnasia rítmica, educación física de base, ximnasia estética, trampolín danza estética, danza oriental, fútbol sala e fútbol-fútbol 8.

Con respecto aos deportes xestionados polos diferentes clubs, a oferta inclúe baloncesto (A.B. Xinzo); atletismo e orientación (A.D. Limiactiva); bádminton (Independiente Bádminton Club); karate, kick boxing e defensa persoal (Fundación Cipri Gomes; e equitación (Club Deportivo Ecuestre Ourense).

Ademais, tamén haberá clases de aerobic, aquagim, pilates, natación e matronatación na piscina climatizada.

 

Artigos relacionados

Back to top button