
Tralo éxito do torneo de verán que leva xa dúas edicións con dous intensos días de fútbol sala, chega ao Barco de Valdeorras o Torneo de Nadal.
Da man de dous xoves do Barco, Adrián Ramos e Rubén Rodríguez, organizadores tamén do campionato Vila do Barco, celebrase os días 26 e 27 de decembro no pavillón municipal de Calabagueiros. “O venres pola tarde teremos un mini torneo de base e o sábado será intensivo de fútbol sala masculino, dende primeira hora da mañá ata a medianoite, aproximadamente”, explica Adrián, adiantando que haberá un máximo de 12 equipos que terán ata o 21 de decembro para apuntarse por 80 puntos.
Con respecto aos premios, haberá un primeiro de 500 puntos para o gañador; outro de 150 para o subcampión; e un de 75 para o terceiro clasificado. Igual que no torneo de verán, haberá música ambiente e tamén porán unha barra con bebidas e algo de picar, contando nesta ocasión coa colaboración do Concello do Barco de Valdeorras.