Nalgunhas parroquias coma O Barco ou Santo Estevo (A Rúa) a celebración da Semana Santa comeza xa o Venres de Dor con clutos na igrexa, pero na maioría o programa de cultos arrinca o Domingo de Ramos.
Así, tal e como vén sendo tradición nesta parroquia ruesa, Fontei abría a Semana Santa cunha solemne bendición de ramos no adro da igrexa, neste domingo 29 de marzo.
Numerosa xente, cos ramos de loureiro e oliveira en alto, así como algunha palma e mesmo ramas de romero, atendía a lectura do párroco Daniel Pérez, da entrada de Xesús en Xerusalén. “A súa entrada triunfante como rei é o que celebramos hoxe, de aí que este acto se realice fóra da igrexa, simbolizando ese acto entrando ao noso templo coas palmas en alto, para así, acompañar a Xesús ao longo da Paixón”, dicía o sacerdote antes de proceder á bendición introducindo un ramo en auga bendita.
Xa dentro da igrexa tiña lugar a eucaristía deste Domingo de Ramos.





Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.