
Este domingo, día 22 de marzo, o Concello de Ourense celebrará e a tradicional festividade de San Lázaro cunha alborada ás 11:45 horas, con gaiteiros e cabezudos polas rúas do Paseo e Santo Domingo e polo parque de San Lázaro, e a tradicional Queima das Madamitas, ás 13 horas, a cargo da Pirotecnia Josman, coma sempre fronte á Subdelegación do Goberno.
Previamente, a Corporación municipal asistirá á misa na honra de San Lázaro que terá lugar ás 11 horas na igrexa parroquial de Santo Domingo e participará despois na procesión de San Lázaro que pasará pola rúa Santo Domingo, polo parque de San Lázaro e pola rúa Xaquín Lorenzo ata a igrexa dos Franciscanos.
Ademais, durante o sábado e o domingo estarán instalados arredor do parque de San Lázaro os tradicionais postos de roscas, lambetadas, abelás e produtos típicos destas festas.